Blogia
A 21 ESCOLAR BIO-QUIM CHIVITE

Tema 1 (Examen Química 2ºBach)

   

 

  Argumenta as túas respostas:

 

Temos dous depósitos de vidro, pechados , do mesmo volume .Un deles énchese de hidróxeno(g), e o outro ,de dióxido de carbono (g), ambos  a presión e temperatura ambiente :

a)      Cal deles contén maior número de moléculas?

b)      Cal  terá maior número de moles?

c)      Onde será maior o número de gramos do gas?

 

 

1.-Fanse reaccionar 200g de pedra calcarea que contén 60% de carbonato de calcio (trioxocarbonato (IV) de calcio), con 80ml dun ácido clorhídrico de 1,2g/cm3  y  37,5% de riqueza . Si neste proceso fórmase dióxido de carbono, cloruro de calcio e auga:

a)      Fai os cálculos oportunos para determinar o reactivo limitante

b)      Calcula a masa obtida de cloruro calcico, si o rendemento do proceso foi do 80%

 

2.- Unha disolución de ácido sulfúrico do 98% e densidad 1,84g/cm3, gárdase nun matraz aforado de un litro.Calcula:

a)      Molaridade, Normalidade e molalidade desta disolución

b)      O volumen que collerías desa disolución, para preparar 100ml dunha nova disolución do 20% e densidade 1,14g/cm3

c)      Explica material e procedemento para preparar no laboratorio, a disolución do apartado b).

 

3.- O queimar 2,34g dun hidrocarburo fórmanse,7,92g de dióxido de carbono e 1,62g de vapor de auga. A densidade deste hidrocarburo gaseoso e 0,82g/l a 85ºC e 700mmHg.

a)      Determina a súa fórmula molecular

b)      Calcula o volume de aire necesario para queimar esa cantidade do hidrocarburo, medido a 85ºC e 700mmHg.Supoñemos que a composición volumétrica do aire e 21% de Oxíxeno e 78% de Nitrógeno, e o resto gases que non interveñen na reacción.

 

4.- Nun recipiente de 3 l hai gas Neon a 50ºC e 800mmHg .Noutro recipiente de 2 l, temos gas hidróxeno a 25ºC e 600mmHg . O abrir a chave que comunica os dous recipientes e facer que o conxunto permaneza a 40ºC.Calcula:

a)      A presión que exerce cada compoñente e a presión da mezcla de gases

b)      A composición da mezcla expresada en porcentaxe, en peso e en volume.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres