Tema 1 (Examen Química 2ºBach)
Temos dous depósitos de vidro, pechados , do mesmo volume .Un deles énchese de hidróxeno(g), e o outro ,de dióxido de carbono (g), ambos a presión e temperatura ambiente :
a) Cal deles contén maior número de moléculas?
b) Cal terá maior número de moles?
c) Onde será maior o número de gramos do gas?
1.-Fanse reaccionar 200g de pedra calcarea que contén 60% de carbonato de calcio (trioxocarbonato (IV) de calcio), con 80ml dun ácido clorhídrico de 1,2g/cm3 y 37,5% de riqueza . Si neste proceso fórmase dióxido de carbono, cloruro de calcio e auga:
a) Fai os cálculos oportunos para determinar o reactivo limitante
b) Calcula a masa obtida de cloruro calcico, si o rendemento do proceso foi do 80%
2.- Unha disolución de ácido sulfúrico do 98% e densidad 1,84g/cm3, gárdase nun matraz aforado de un litro.Calcula:
a) Molaridade, Normalidade e molalidade desta disolución
b) O volumen que collerías desa disolución, para preparar 100ml dunha nova disolución do 20% e densidade 1,14g/cm3
c) Explica material e procedemento para preparar no laboratorio, a disolución do apartado b).
3.- O queimar 2,34g dun hidrocarburo fórmanse,7,92g de dióxido de carbono e 1,62g de vapor de auga. A densidade deste hidrocarburo gaseoso e 0,82g/l a 85ºC e 700mmHg.
a) Determina a súa fórmula molecular
b) Calcula o volume de aire necesario para queimar esa cantidade do hidrocarburo, medido a 85ºC e 700mmHg.Supoñemos que a composición volumétrica do aire e 21% de Oxíxeno e 78% de Nitrógeno, e o resto gases que non interveñen na reacción.
4.- Nun recipiente de 3 l hai gas Neon a 50ºC e 800mmHg .Noutro recipiente de 2 l, temos gas hidróxeno a 25ºC e 600mmHg . O abrir a chave que comunica os dous recipientes e facer que o conxunto permaneza a 40ºC.Calcula:
a) A presión que exerce cada compoñente e a presión da mezcla de gases
b) A composición da mezcla expresada en porcentaxe, en peso e en volume.
0 comentarios