Blogia
A 21 ESCOLAR BIO-QUIM CHIVITE

Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e de Relato Curto Antonio Fernández Pérez.

Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e  de Relato Curto Antonio Fernández Pérez.

 Na Casa da Cultura de Verín fallouse, con motivo do Día das Letras Galegas, a entrega dos premios dos dous certames . Setenta e seis estudantes dos centros CEIP O Castiñeiro de Laza, CEIP de Oímbra, CEIP Amaro Refojo, Colexio María Inmaculada, Colexio Apostólico Mercedario, IES Castro de Baronceli, IES Xesús Taboada Chivite e IES García Barbón de Verín se presentaron a este concurso.

 

Os alumnos do noso centro obtiveron os seguintes premios:

 

De 2º de ESO foron premiados: Iván Hervella Tuñas, 1º premio polo seu poema Camiño e Pablo Rodríguez González, 2º premio por Dúbidas. No certame de poesía.

 

No certame de relato curto 2º premio Alfonso Rúa Martínez, de 2º de ESO, pola súa historia O conto do silencio e Iria Francisco Sotelo, de 4º de ESO, por A pregunta. Tamén gañou un 3º premio Lara Salgado Santos, de 1º de Bacharelato, por Soños rotos.

Podedes ler os textos gañadores. Disfrutádeos.

A todos  a nosa enhoraboa. Tamén a facemos extensible a todolos finalistas que non conseguiron un premio.

Por suposto, desexar a enhoraboa a todos os premiados sexan o non do noso centro, posto que valoramos de forma moi positiva o seu esforzo.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

1 comentario

mari -

VIVA CANEIRO VIVA
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres