Blogia
A 21 ESCOLAR BIO-QUIM CHIVITE

GUÍA DIDACTICA

GUÍA DIDACTICA

Un grupo de profesores do IES Xesús Taboada Chivite nun intento de mellorar a súa formación, decidiu utilizar o blog como un recurso didáctico.

A finalidade do blog é establecer unha nova canle de comunicación entre profesores-alumnos-pais que facilite os procesos de aprendizaxe, formación e información de alumnos e profesores e de forma puntual ós pais.

O blog Bioquimchivite está dividido en dúas partes diferenciadas. A parte dereita onde se amosan os distintos artigos publicados no mes en curso. E a esquerda que permite visualizar todos os contidos do blog de forma sintética. Nesta zona atopámonos con un buscador que nos permite buscar rápidamente un artigo no blog. Unha clasificación por Temas que nos permite facer unha busquea moito máis intuitiva e selectiva. Un tercer nivel no que mediante un calendario se nos permite visualizar os traballos elaborados ó longo dun mes determinado. E un pouco máis abaixo, unha zona adicada ós Enlaces, lugares da rede que polo seu interés consideramos que poden ser de utilidades ós usuarios do blog.

Agradecemos de antemán a súa visita, así como tambien que nos comunique cómo na súa opinión podemos mellorar o noso servicio.

Atentamente os responsables de este blog.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres