Blogia
A 21 ESCOLAR BIO-QUIM CHIVITE

Guía Didática

GUÍA DIDACTICA

GUÍA DIDACTICA

Un grupo de profesores do IES Xesús Taboada Chivite nun intento de mellorar a súa formación, decidiu utilizar o blog como un recurso didáctico.

A finalidade do blog é establecer unha nova canle de comunicación entre profesores-alumnos-pais que facilite os procesos de aprendizaxe, formación e información de alumnos e profesores e de forma puntual ós pais.

O blog Bioquimchivite está dividido en dúas partes diferenciadas. A parte dereita onde se amosan os distintos artigos publicados no mes en curso. E a esquerda que permite visualizar todos os contidos do blog de forma sintética. Nesta zona atopámonos con un buscador que nos permite buscar rápidamente un artigo no blog. Unha clasificación por Temas que nos permite facer unha busquea moito máis intuitiva e selectiva. Un tercer nivel no que mediante un calendario se nos permite visualizar os traballos elaborados ó longo dun mes determinado. E un pouco máis abaixo, unha zona adicada ós Enlaces, lugares da rede que polo seu interés consideramos que poden ser de utilidades ós usuarios do blog.

Agradecemos de antemán a súa visita, así como tambien que nos comunique cómo na súa opinión podemos mellorar o noso servicio.

Atentamente os responsables de este blog.

A21 ESCOLAR

A21 ESCOLAR

Os responsables de este blog participan nun programa cuia finalidade e fomentar no noso centro educativo unha educación para conquerir un desenvolvemento sostible do noso planeta. Por esta razón , nun intento de dinamizar a axenda 21 escolar utilizaremos esta plataforma como centro de comunicación e conexión de todas as actividades que se realicen.

Concursos de lemas, poemas e mascotas.

Tambien intentará conectar ca red de redes para que podamos coñecer os distintos proxectos que se elaboran en outros centros, recoller noticias de interes, implicar o alumnado .

ESTUDAR

O bloque estudar inclue información sobre os plazos de matrícula para os distintos pláns de estudo.

Aporta información sobre as becas e os requisitos para poder optar a elas.

Trataremos as técnicas de estudo para que os nosos alumnos podan mellorar o seu rendemento escolar.

 

UNIVERSIDADE

Información sobre o selectivo e as distintas probas.

Información sobre as universidades galegas: pláns de estudos, carreiras. ...etc

Información sobre universidades de fora da nosa comunidade.

PAIS

A rede é también unha ferramenta de gran utilidade para os Pais. Utilizaremos este recuncho para ofertar ós Pais información sobre o Sistema educativo. Exporemos recursos da rede de utilidade ós pais.

Incluso intentaremos utilizar a rede como canle de comunicación, cando o horario laboral faga dificil a reunión entre profesores e pais.

 

 

XUVENTUDE

Neste epigrafé englobaremos toda aquela información directamente relacionada ca mocidade. 

RECURSOS

Esta sección intenta recoller aqueles recursos que consideramos poden ser interesantes na educación e a formación global dunha persoa.

Polo tanto, os temas serán moi heteroxéneos  e son os seguintes:

Ferramentas da rede.

 

GALERÍA DE FOTOGRAFIAS

GALERÍA DE FOTOGRAFIAS

Neste apartado prensentamos una galería de fotografias. O noso obxectivo é que os vistantes poidan utilizar o material fotográfico elaborado dende este Seminario. Os campos que se abarcan son múltiples, pero en liñas serais as temáticas tratadas nas nosas fotos teñen un elevada compoñente medioambiental.

Esta galería fotográfica pretende difundir e mostrar a riqueza natural que posúe o Sudeste Ourensan. Podedes utilizar as fotos que máis os gusten, pero lembrade por o nome do autor en pequeniño debaixo de cada foto.

Paisaxes.

Minerais

Rochas.

Fósiles.

Reinos:

Animal:

Vexetal:

Flora;

Liques:

Fungi:

 

As fotos de esta Galería foron realizadas por Carmen Rivero,Javier Rodríguez , Manuel Grande e Manuel Baladrón .