Blogia
A 21 ESCOLAR BIO-QUIM CHIVITE

ACCIONISTAS NO CHIVITE

ACCIONISTAS NO CHIVITE

Tras unha longa loita durante os meses de novembro e decembro, cinco alumnas do noso Instituto ( Tania Diz, María González, Patricia Martínez, Emma Prada e Jessica Prieto) lograron acadar o cuarto posto na clasificación galega do  "Xogo da Bolsa",  a primeira vez que uns alumnos do centro acadan un posto tan alto.

Esta participación non foi fortuita, senon que Loli, profesora de Economía deste Centro, leva moitos anos promovendoio.

Dito xogo ten como finalidade conquerir o máximo diñeiro posible, partindo de 50.000 euros iniciais, nun período de dous meses. Para que este diñeiro aumente deberase invertir na bolsa, comprando e vendendo accións con astucia. Estas compañeiras remataron o xogo tendo na súa carteira a cantidade de 74.000 euros (aprox.) a tan só 6.000 euros do primeiro posto.

Como recompensa, hoxe, día 10 de marzo do 2009, elas diríxense A Coruña  acompañadas da profesora , para recibir os diferentes premios que alí lle van a ser outorgados. Cabe destacar que non só se lle vai dar o premio a elas, senon que tanto a profesora como o Centro recibirán tamén algún agasallo.

Dende a nosa clase en particular e o Centro en xeral, queremos darlle os nosos máis sinceros parabéns e incentivar ós alumnos a participar con entusiasmo neste xogo.

 

ESTHER VEGA & NEREA LIMIA

7 comentarios

Tania -

Que riquiñas me sodes!!!
Moitas gracias polo artículo,gustoume un monton, e sobre todo grazas por acordarvos de nós.
Krvs =)

Jessica -

moitas gracias polo comentario!!
encantoume!!
moitas gracias por todo
bikiños!!

María -

Gustoume moito este artigo !!!
Esther e Nerea, parabéns polo voso traballo.

Teño que darvos as grazas porque este artigo serve para informar ó instituto enteiro do que o noso grupo conseguiu despois de varios meses de estar detrás do ordenador xogando e invertindo na bolsa con nerviosismo e ilusión.

Moitas grazas a todos

emma -

moitas grazas nerea e esther!
encantoume o artigo de verdad!
gracias por acordarvos de nos e por dedicarnos estas palabras!

moitos bicos as duas:)

Lara -

Ola chicas!! Noraboa polo artigo chicas. A verdade é que me alegro moito por elas e da pena que por moi pouco non conseguiran quedar as terceiras. Eu non teño economía, pero tamén me sinto coma vós representada polo premio obtido.

Noemi -

Alegrome moito x as ganadoras loitaron e ganaron un terceiro posto ben merecido!!
noraboa rapazas!! e para o resto dos seus compañeiros non seades tan envidiosos :)

Silvia -

A verdade é que ese artigo ten toda a razón do mundo, é unha honra que compañeiras como elas o son acadaran ese posto no xogo, de feito podémonos sentir orgullosas, aínda que ós demais perderamos pero é bo ter tan boas accionistas como compañeiras de curso.

Espero que hoxe lles vaia ben na gala é que teñan un bo premio, tanto elas, como Loli, como o instituto.

Gustoume moito o artigo Nerea e Esther.

Un saúdo.