Blogia
A 21 ESCOLAR BIO-QUIM CHIVITE

DÍA DA MULLER TRABALLADORA NO IES XESÚS TABOADA CHIVITE

DÍA DA MULLER TRABALLADORA NO IES XESÚS TABOADA CHIVITE

 

Con motivo da celebración do día da muller traballadora fixemos na biblioteca do noso instituto unha exposición na que colaboramos profesores e alumnos. Os profesores elaboramos dous paneis, un deles sobre mulleres na historia de Galicia, a meirande parte delas grandes descoñecidas para o gran público: Inés de Castro, Exeria, Ilduara Eriz ou Amparo Alvajar son algunhas das mulleres que os nosos alumnos tiveron a oportunidade de descubrir. O segundo panel leva por título "Vidas paralelas". Nel plasmamos as vidas de parellas ó longo da historia nas que o home foi a figura sobranceira e a muller quedou por completo na escuridade a pesares do seu talento, ou non tivo oportunidade ningunha . Mencionamos o feito de que hoxe en día, nalgúns países, xa é posible que as mulleres ocupen unha posición destacada, mais non é o máis habitual e aínda queda moito camiño por percorrer.

O panel que elaboraron os nosos alumnos leva por título "Mulleres con mérito e sen fama" e contén escritos feitos por eles mesmos sobre as súas nais, avoas, bisavoas e tataravoas. Nestes relatos os fillos, netos, bisnetos, tataranetos...fan unha agarimosa homenaxe a estas mulleres traballadoras, loitadoras.

Tamén nesta semana se proxectou a película Orgullo e Prexuízo, baseada na novela de Jane Austen. Os alumnos e profesores que asistiron á proxección leron un texto sobre a vida e a obra da autora inglesa e tamén sobre a situación da muller no seu tempo.

 

 

 

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres