Blogia
A 21 ESCOLAR BIO-QUIM CHIVITE

Club de Lectura

ENTREVISTA A CANEIRO

ENTREVISTA A CANEIRO

Entrevista ao escritor verinés Xosé Carlos Caneiro feita polas alumnas de 1º de bacharelato Patricia Martínez, Lara Salgado e Claudia Cid. Foi grabada polos alumnos de 4º de ESO Víctor Tarrazo e Alexandre Pires e tomaron fotografías Débora Lamas, de 1º de ESO  e Víctor Tarrazo, de 4º de ESO. Esta entrevista tamén foi gravada en formato vídeo. en cinco capítulos e podedes vela no blog de Isabel Cota.

XXVI CONCURSO DE CONTOS DA CASA DA XUVENTUDE DE OURENSE

XXVI CONCURSO DE CONTOS  DA CASA DA XUVENTUDE DE OURENSE

A Casa da Xuventude de Ourense convoca o XXVI Concurso de Contos .(logo de facer clic no hipervínculo, elexir o idioma, premer en Actividades  e por último en Concurso de contos ) Animádevos a participar.  Para calquera dubida falar  cas profesoras do Clube de Lectura do IES Xesus Taboada Chivite.

Bases do concurso.

 

PREMIOS LITERARIOS MINERVA

20090313150014-4d02b60wlibro-20minerva-20001.jpg

O colexio M. Peleteiro convoca a XXXVII edición dos seus premios literarios. Poderán participar alumnos de 3º e 4º de ESO e de Bacharelato que cursen estudos en Galicia, e non teñan cumpridos os 20 anos o 31 de Decembro de 2009. Animádevos a presentarvos.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA NO IES XESÚS TABOADA CHIVITE

DÍA DA MULLER TRABALLADORA NO IES XESÚS TABOADA CHIVITE

 

Con motivo da celebración do día da muller traballadora fixemos na biblioteca do noso instituto unha exposición na que colaboramos profesores e alumnos. Os profesores elaboramos dous paneis, un deles sobre mulleres na historia de Galicia, a meirande parte delas grandes descoñecidas para o gran público: Inés de Castro, Exeria, Ilduara Eriz ou Amparo Alvajar son algunhas das mulleres que os nosos alumnos tiveron a oportunidade de descubrir. O segundo panel leva por título "Vidas paralelas". Nel plasmamos as vidas de parellas ó longo da historia nas que o home foi a figura sobranceira e a muller quedou por completo na escuridade a pesares do seu talento, ou non tivo oportunidade ningunha . Mencionamos o feito de que hoxe en día, nalgúns países, xa é posible que as mulleres ocupen unha posición destacada, mais non é o máis habitual e aínda queda moito camiño por percorrer.

O panel que elaboraron os nosos alumnos leva por título "Mulleres con mérito e sen fama" e contén escritos feitos por eles mesmos sobre as súas nais, avoas, bisavoas e tataravoas. Nestes relatos os fillos, netos, bisnetos, tataranetos...fan unha agarimosa homenaxe a estas mulleres traballadoras, loitadoras.

Tamén nesta semana se proxectou a película Orgullo e Prexuízo, baseada na novela de Jane Austen. Os alumnos e profesores que asistiron á proxección leron un texto sobre a vida e a obra da autora inglesa e tamén sobre a situación da muller no seu tempo.

 

 

 

 

VISITA Á ESCOLA DE VILAZA

VISITA Á ESCOLA DE VILAZA

Recentemente chegou ás nosas mans o libro A bolboreta Doreta, que se fixo a partir dunha experiencia realizada cos alumnos de infantil do colexio de Vilaza. Os nenos atoparon uns ovos de bolboreta na horta da súa escola e, coa axuda da súa profesora, Mª Teresa Santamaría, seguiron e axudaron no proceso no que os ovos se convertiron en eirugas, logo en crisálidas e finalmente en bolboretas. Pensamos que ós rapaces que veñen ó club de lectura podíalles resultar interesante descubrir este libriño e como se chegou ata el. Puxémonos en contacto coa profesora Teresa Santamarìa e visitamos a súa escola, un lugar máxico, no que hai cores formas, disfraces, animaliños, debuxos, unha casiña, libros a esgalla, incluso feitos polos propios nenos,,,,unha atmosfera para desenrolar a creatividade, a independencia e a liberdade dos nenos.

O día 16 de Abril Teresa Santamaría virá ó club lector con algún dos rapaces que viviron esta experiencia educativa e falaranos dela e da súa escola. Previamente, coas fotos que sacamos durante a nosa visita, faremos unha exposición na nosa biblioteca

Que é un club de lectura?

Que é un club de lectura?

Os alumnos do centro temos a oportunidade de acudir ao club de lectura que este nos oferta e disfrutar mergullándonos nun libro mentres disfrutamos da compañía doutras persoas. Para ler o artigo completo, por favor premede no enlace superior