Blogia
A 21 ESCOLAR BIO-QUIM CHIVITE

LAZA

Laza, sitio distinto.

     O longo da miña vida, coñecin  a moitos galegos. Pero nunca atopei a xente coma a de Laza. Todas elas teñen en común, que levan o terruño nos  xenes. Da igual a filiación política ou relixiosa  que profesen, senten  o seu pobo máis aló do sangue, no seu ADN. Posiblemente posúan algunha mutación no seu corpo que os convirte nuns seres endémicos en galicia. No mundo global que vivimos por desgracia unha raza a extinguir. 

Non se pode describir con palabras o orgullosos que se sinten da súa orixe. Nin como viven os seus ritos, e por suposto moito menos racionalizar o por que desta fervorosa devoción por unha terra e uns costumes que a moitos nos parecen anclados no pasado.

Por eso creo que todo o mundo debería visitar este concello para empaparse das súas xentes, dos seus costumes e dos seus valores.  Para posteriormente levar esa semente recollida a moitos lugares de Galicia, para que a xente empece a valorar os tesoros que cada un ten  na súa patria chica.

Os invito a ver o video cedido polo Concello e unhas cantas fotos que me prestaron para compartir con todos os que dexesen coñecer este precioso ricón do Sudeste Ourensan.

Fotos do Cristo de Laza

Fotos da Ruta do Marroqui  A - B

 

 

 

0 comentarios