Blogia
A 21 ESCOLAR BIO-QUIM CHIVITE

V mostra de teatro de Viana do Bolo

V mostra de teatro de Viana do Bolo

Hoxe, xoves día 18 de xuño, os membros do taller de teatro do instituto representamos as obras que fomos preparando con esmero, cariño e coidado durante todo o curso. Somos un bloque grande, composto por alumnos de diversos cursos que, coa inestimable axuda de Elisa, Javier, Víctor (profesores do centro) e María (unha profesora de Viana) fomos configurando e dándolle forma ás pezas teatrais das que poderemos gozar en breve.

No día de hoxe, acudimos á V Mostra de Teatro Escolar que cada ano ten lugar en Viana e na que podemos atoparnos con obras de todo tipo que comparten un rasgo común: todas elas son interpretadas coa maior das ilusións. Por todos estes motivos, animámosvos a que vexades as nosas obras, xa que esta actividade coa que contamos no centro serve para unificarnos e aprender, pero tamén para divertirnos e evadirnos dos afanosos traballos que día a día nos vemos na obriga de levar a cabo.

Todos os que formamos parte do taller, cremos que o teatro é algo marabilloso, xa que constitúe unha das expresións máis importantes da beleza humana e, como tal, forma parte daquela lingua universal chamada arte.

 

N.B.: As fotografías correspondentes serán colgadas en breve.

 

0 comentarios