Saída ó Pozo do Demo 2º de Eso.
Os alumnos do IES Xesús Taboada Chivite, realizaron o día 31 de Marzo unha plantación de árbores e sementes autóctonas nas ladeiras do Pozo do Demo. Esta actividade está englobada no Proxecto Ceres que desenvolve o Seminario de Ciencias. O cal forma parte da Axenda 21 Escolar que está desenvolvendo o noso Instituto.
Esta ladeira, fai uns anos, foi pasto das lapas e debido a súas características a recuperación das especies vexetais é moi lenta. Por iso coordinados pola Asociación de Amigos do Camiño Real e en colaboración ca Asociación de Montes de Cabreiroa, os alumnos realizaron unha plantación selectiva con especies (bidueiros, pradairos, ameneiros, carballos e castiñeiros) donadas pola Consellería de Medio rural.
0 comentarios