Blogia
A 21 ESCOLAR BIO-QUIM CHIVITE

Axenda 21escolar

A Ruta do Pozo do Demo

A Ruta do Pozo do Demo

 Os alumnos de 1º de ESO do IES Xesús Taboada  inaguraron unha ruta de senderismo que une o pobo da Veiga das Meás e Cabreiroa.

 

Imaxes da ruta.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

O SELO VIOLETA

O SELO VIOLETA

O Selo Violeta, é un agasallo que  representa, segundo os seus creadores, “as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico"

As regras son as seguintes:

  • Exhibir o Selo Violeta no seu blog coas regras:
    • Indicar cantos blogs consideras que merecen o selo
    • Avisar aos indicados, non te esquezas diso!
    • Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

Os blogs violetas elixidos son:

http: //isabelcota.blogia.com

http://doloresmcastro.blogia.com

http://charorope.blogia.com

 

En canto a escribir os meus poderes máxicos, vou saltarme esta última regra só por esta vez, posto que non sei cales son.  Esta carencia (a dos poderes máxicos)  vese compensada posto que o meu redor teño xente máxica que me coida, me quere e non deixa que me manque . A todos vos (Maite, Daniel, Serafín, Loli, Isabel, alumnos......etc ) os meus agradecementos.

PLANTACIÓN DE ÁRBORES

Saída ó Pozo do Demo 2º de Eso.

Saída ó Pozo do Demo 2º de Eso.

Os alumnos do IES Xesús Taboada Chivite, realizaron o día 31 de Marzo unha plantación de árbores e sementes  autóctonas nas ladeiras do Pozo do Demo. Esta actividade está englobada no Proxecto Ceres  que desenvolve o Seminario de Ciencias. O cal forma parte da Axenda 21 Escolar que está desenvolvendo  o noso Instituto.

Esta ladeira, fai uns anos, foi pasto das lapas e debido a súas características a recuperación das especies vexetais é moi lenta. Por iso coordinados pola Asociación de Amigos do Camiño Real e  en colaboración ca Asociación de Montes de Cabreiroa, os alumnos realizaron unha plantación selectiva con especies (bidueiros, pradairos, ameneiros, carballos e castiñeiros) donadas pola Consellería de Medio rural.

GALERÍA DE FOTOS.

 

CHEGOU A PRIMAVERA Ó BALNEARIO DE CABREIROA.

CHEGOU A PRIMAVERA Ó BALNEARIO DE CABREIROA.

Este sábado estiven no Balneario de Cabreiroa. Estaba tan espectacular que non poiden evitar inmortalizar algún deses momentos. Gustaríame  compartilos con todos vós, visitantes do blog,  e animarvos a acercaros a dar unha volta polo Balneario para observar en directo a natureza en estado puro.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

A21 ESCOLAR. PROXECTO CERES

A21 ESCOLAR. PROXECTO CERES

 (PROXECTO DE RECUPERACIÓN DUN ECOSISTEMA VEXETAL).

Coordinados pola Asociación Amigos do Camiño Real , os alumnos de   e 2º ESO do IES Xesús Taboada Chivite de Verín están a desenvolver un proxecto de recuperación dun ecosistema vexetal nuns terreos da Comunidade de Montes dos Veciños de Cabreiroa.

Este proxecto, englobado dentro do marco da A21 escolar que se desenvolve no Centro Educativo, pretende ir restaurando a vexetación autoctona que no seu día foi degradada polos incendios nas ladeiras  do Pozo do Demo. Ubicado nas cercanias dunha zona protexida pola Rede Natura 2000. Prantàronse  especies forestais propias da paisaxe do lugar, intentando colaborar na restauración da biodiversidade.

Neste proxecto tambien colaboran  a Consellería de Medio Ambiente que facilita as plantas e sementes, e o  Concello de Verín .

No més de Febreiro tivo lugar a 1º saída ó Pozo do Demo. Estas son algunhas das fotos máis destacadas.  Camiño; Plantación; Grupos; Biodiversidade, varias.

CONCURSO DE POEMAS E LEMAS A 21 EG

CONCURSO DE POEMAS E LEMAS A 21 EG

Estos son os Poemas e Lemas elaborados polos alumnos do IES Xesús Taboada Chivite de Verín Ourense para participar no concurso proposto pola Axenda 21 Escolar de Galicia para o 1º trimestre do Curso 2008-2009.

Agradecer a colaboración prestada polos profesores:  Xusta González, Patricia Rodriguez e Charo Romero.

 

FOTOS CONCURSO MASCOTA A21 ESCOLAR

FOTOS CONCURSO MASCOTA A21 ESCOLAR

Os alumnos de 1º de ESO realizaron os seguintes debuxos para o concurso de Mascotas da Axenda 21 Escolar de Galicia.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres