Blogia

A 21 ESCOLAR BIO-QUIM CHIVITE

TEMA CMC SAUDE

TEMA CMC SAUDE

 

Traballo para os alumnos de 1º de Bach de CMC sobre o tema "Saude : vivir máis, vivir mellor".

 

 

 

 

 

 

 

CONCURSO DE POEMAS E LEMAS A 21 EG

CONCURSO DE POEMAS E LEMAS A 21 EG

Estos son os Poemas e Lemas elaborados polos alumnos do IES Xesús Taboada Chivite de Verín Ourense para participar no concurso proposto pola Axenda 21 Escolar de Galicia para o 1º trimestre do Curso 2008-2009.

Agradecer a colaboración prestada polos profesores:  Xusta González, Patricia Rodriguez e Charo Romero.

 

FOTOS CONCURSO MASCOTA A21 ESCOLAR

FOTOS CONCURSO MASCOTA A21 ESCOLAR

Os alumnos de 1º de ESO realizaron os seguintes debuxos para o concurso de Mascotas da Axenda 21 Escolar de Galicia.

GUÍA DIDACTICA

GUÍA DIDACTICA

Un grupo de profesores do IES Xesús Taboada Chivite nun intento de mellorar a súa formación, decidiu utilizar o blog como un recurso didáctico.

A finalidade do blog é establecer unha nova canle de comunicación entre profesores-alumnos-pais que facilite os procesos de aprendizaxe, formación e información de alumnos e profesores e de forma puntual ós pais.

O blog Bioquimchivite está dividido en dúas partes diferenciadas. A parte dereita onde se amosan os distintos artigos publicados no mes en curso. E a esquerda que permite visualizar todos os contidos do blog de forma sintética. Nesta zona atopámonos con un buscador que nos permite buscar rápidamente un artigo no blog. Unha clasificación por Temas que nos permite facer unha busquea moito máis intuitiva e selectiva. Un tercer nivel no que mediante un calendario se nos permite visualizar os traballos elaborados ó longo dun mes determinado. E un pouco máis abaixo, unha zona adicada ós Enlaces, lugares da rede que polo seu interés consideramos que poden ser de utilidades ós usuarios do blog.

Agradecemos de antemán a súa visita, así como tambien que nos comunique cómo na súa opinión podemos mellorar o noso servicio.

Atentamente os responsables de este blog.

A21 ESCOLAR

A21 ESCOLAR

Os responsables de este blog participan nun programa cuia finalidade e fomentar no noso centro educativo unha educación para conquerir un desenvolvemento sostible do noso planeta. Por esta razón , nun intento de dinamizar a axenda 21 escolar utilizaremos esta plataforma como centro de comunicación e conexión de todas as actividades que se realicen.

Concursos de lemas, poemas e mascotas.

Tambien intentará conectar ca red de redes para que podamos coñecer os distintos proxectos que se elaboran en outros centros, recoller noticias de interes, implicar o alumnado .

ASIGNATURAS.

Nun intento de mellorar a comunicacións e facilitar a información os nosos alumnos, xurde este bloque temático.

Mostraremos os distintos materiais de utilidade educativa que vamos elaborando:  temas, traballos, prácticas, exames, información para pendentes, recursos... que realizaranse o longo do curso nas materias de Química, Física, Ciencias para o Mundo Contemporaneo, Ciencias da Terra e do Medio Ambiente, Bioloxía, Ciencias Naturais, Educación Física....e calquer outra materia que desexe ser exposta neste blog.

ESTUDAR

O bloque estudar inclue información sobre os plazos de matrícula para os distintos pláns de estudo.

Aporta información sobre as becas e os requisitos para poder optar a elas.

Trataremos as técnicas de estudo para que os nosos alumnos podan mellorar o seu rendemento escolar.

 

UNIVERSIDADE

Información sobre o selectivo e as distintas probas.

Información sobre as universidades galegas: pláns de estudos, carreiras. ...etc

Información sobre universidades de fora da nosa comunidade.

PAIS

A rede é también unha ferramenta de gran utilidade para os Pais. Utilizaremos este recuncho para ofertar ós Pais información sobre o Sistema educativo. Exporemos recursos da rede de utilidade ós pais.

Incluso intentaremos utilizar a rede como canle de comunicación, cando o horario laboral faga dificil a reunión entre profesores e pais.

 

 

XUVENTUDE

Neste epigrafé englobaremos toda aquela información directamente relacionada ca mocidade. 

RECURSOS

Esta sección intenta recoller aqueles recursos que consideramos poden ser interesantes na educación e a formación global dunha persoa.

Polo tanto, os temas serán moi heteroxéneos  e son os seguintes:

Ferramentas da rede.

 

GALERÍA DE FOTOGRAFIAS

GALERÍA DE FOTOGRAFIAS

Neste apartado prensentamos una galería de fotografias. O noso obxectivo é que os vistantes poidan utilizar o material fotográfico elaborado dende este Seminario. Os campos que se abarcan son múltiples, pero en liñas serais as temáticas tratadas nas nosas fotos teñen un elevada compoñente medioambiental.

Esta galería fotográfica pretende difundir e mostrar a riqueza natural que posúe o Sudeste Ourensan. Podedes utilizar as fotos que máis os gusten, pero lembrade por o nome do autor en pequeniño debaixo de cada foto.

Paisaxes.

Minerais

Rochas.

Fósiles.

Reinos:

Animal:

Vexetal:

Flora;

Liques:

Fungi:

 

As fotos de esta Galería foron realizadas por Carmen Rivero,Javier Rodríguez , Manuel Grande e Manuel Baladrón .

ROCHAS

A rochas que podemos atopar nesta galería de imáxenes, pertencen a colección que posúe o Departamento de Ciencias Naturais do IES Xesús Taboada Chivite, de Verín Ourense.

PAISAXES

PAISAXES

A  paisaxe é un recurso natural  que está composta por diversos elementos como: relevo, solo, clima, auga, rochas, vexetación, fauna e por suposto a actuación do home.

Hoxe en día e dificil atopar paisaxes naturais porque en maior o menor medida o home interviu nelas.

Escollimos unha mostra de distintas paisaxes que  nos gustaron. Esperamos que sexan do  voso agrado.

COLEÓPTEROS

Os Coleopteros son un grupo de insectos que pertencen ós artrópodos (que significa pés articulados). Se caracterizan por ter dúas ás duras (élitros) que envolven a outras dúas. Nesta galería vos atoparedes con algúns dos Coleópteros máis abundantes na nosa comarca.

MINERAIS

Os minerais son , en liñas xerais, sustancias inorgánicas, naturais, que posuen unha composición química determinada. Son de vital importancia para o home. Se utilizan como fonte de enerxía, como materia prima para moitas industrias e por suposto como elementos ornamentais. Esta galería é unha mostra dos minerais que posúe o IES Xesús Taboada Chivite de Verín, Ourense nas súas vitrinas.

 

MOLUSCOS

MOLUSCOS

Os moluscos son animais que posúen un corpo brando  con dúas partes ben diferenciadas o pé e a masa visceral. Moitos deles protexen o seu corpo con unha cuncha que pode estar dividida en unha ou dúas valvas. Moitos alumnos do interior descoñecen a gran maioría dos moluscos bivalvos  que poblan as nosa costas.  Estos son algúns dos moluscos que podemos atoparnos. .

 

AVES

Animais vertebrados que se caracterizan por ter ás , peteiro e corpo cuberto de plumas.  Ourense posue unha avifauna moi heteroxénea, debido a que se atopa nunha zona de transición de distintos ecosistemas : mediterraneo, continental, atlántico, de montaña, fluvial...etc. Nos nosos montes, podemos atoparnos con moitas aves que para identificalas deberemos fixarnos no tamaño, cor, feitura, canto, habitat ou forma de voar. 

As aves, moi difíciles de fotografiar. Pouco a pouco, esperamos ir enchendo esta galería de fotos interesantes.  Tede paciencia.

LEPIDOPTEROS

LEPIDOPTEROS

Animais invertebrados, pertencentes o grupo dos artrópodos. Posúen catro ás de cores chamativas.É un dous poucos insectos os que pouca xente lle ten medo. A súa beleza fai que nos esquezamos dous seus defectos, e nos fixemos só nas súas virtudes.

As bolboretas. poden ser nocturnas e diurnas. Todas elas posúen una metamorfose que transforma a eiruga en adulto. A gran maioría das fotos da nosa galería pertencen a especies diurnas. Nos comprometemos a traer en pouco tempo algunha das reinas da noite que revolotean os ceos do Val do río Támega.

HIMENOPTEROS

Os himenopteros son uns insectos pertencentes o grupo dos artropodos e están constiuidos por as abellas , avespas e formigas. Son insectos moi chamativos porque están organizados xeralmente en castas. Aínda que  só nos lembramos delas cando nos pican ou cando queremos endulzarnos a vida. Na nosa comarca, na zona  do concello de Laza son moi famosas as formigas (son protagonistas nunha das actividades do antroido). Os presentamos unha mostra moi pequena que esperamos que en breve plazo conte con algún representante provinte da zona de Laza.