Blogia

A 21 ESCOLAR BIO-QUIM CHIVITE

Replicación do ADN

Video de youtube sobre a replicación do ADN.


http://es.youtube.com/watch?v=-EGKrYdQEHQ

Biosfera

Web de recursos do Ministerio de Educación.

http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/

Meiose

Video de youtube sobre a división meiótica

http://es.youtube.com/watch?v=D1_-mQS_FZ0

Mitose

Video de youtube sobre a división mitótica.

http://es.youtube.com/watch?v=VlN7K1-9QB0

Exames de Selectivo

Páxina web da Ciuga onde se poden atopar exámes de Selectividade de  Química, Bioloxía, Ciencias da Terra, Física....

Deberedes premer onde pon grupos de traballo, logo no bacharelato de Ciencias da Saude e despois elexir a materia que vos interese. Nesta última fiestra ó final de todo aparecen os hipervínculos para observar exames ordeados por ano.

 

 

 

Clasificación da Materia

Clasificación da materia interactiva. Paxina sinxela pero interesante.

 

Tema 1 (Examen Química 2ºBach)

   

 

  Argumenta as túas respostas:

 

Temos dous depósitos de vidro, pechados , do mesmo volume .Un deles énchese de hidróxeno(g), e o outro ,de dióxido de carbono (g), ambos  a presión e temperatura ambiente :

a)      Cal deles contén maior número de moléculas?

b)      Cal  terá maior número de moles?

c)      Onde será maior o número de gramos do gas?

 

 

1.-Fanse reaccionar 200g de pedra calcarea que contén 60% de carbonato de calcio (trioxocarbonato (IV) de calcio), con 80ml dun ácido clorhídrico de 1,2g/cm3  y  37,5% de riqueza . Si neste proceso fórmase dióxido de carbono, cloruro de calcio e auga:

a)      Fai os cálculos oportunos para determinar o reactivo limitante

b)      Calcula a masa obtida de cloruro calcico, si o rendemento do proceso foi do 80%

 

2.- Unha disolución de ácido sulfúrico do 98% e densidad 1,84g/cm3, gárdase nun matraz aforado de un litro.Calcula:

a)      Molaridade, Normalidade e molalidade desta disolución

b)      O volumen que collerías desa disolución, para preparar 100ml dunha nova disolución do 20% e densidade 1,14g/cm3

c)      Explica material e procedemento para preparar no laboratorio, a disolución do apartado b).

 

3.- O queimar 2,34g dun hidrocarburo fórmanse,7,92g de dióxido de carbono e 1,62g de vapor de auga. A densidade deste hidrocarburo gaseoso e 0,82g/l a 85ºC e 700mmHg.

a)      Determina a súa fórmula molecular

b)      Calcula o volume de aire necesario para queimar esa cantidade do hidrocarburo, medido a 85ºC e 700mmHg.Supoñemos que a composición volumétrica do aire e 21% de Oxíxeno e 78% de Nitrógeno, e o resto gases que non interveñen na reacción.

 

4.- Nun recipiente de 3 l hai gas Neon a 50ºC e 800mmHg .Noutro recipiente de 2 l, temos gas hidróxeno a 25ºC e 600mmHg . O abrir a chave que comunica os dous recipientes e facer que o conxunto permaneza a 40ºC.Calcula:

a)      A presión que exerce cada compoñente e a presión da mezcla de gases

b)      A composición da mezcla expresada en porcentaxe, en peso e en volume.

LÍPIDOS

  1. Semellanzas e diferenzas entre os triglicéridos e os fosfoglicéridos.
  2. Diferenza entre lípidos saponificables e insaponificables. Sinalar se son ou non saponificables os lípidos que se citan a continuación: aceite de oliva, colesterol, proxesterona, vitamina A, lanolina, lecitina, esfingomielina, tripalmitina, fosfatidilcolamina, gangliósido, testosterona.
  3. ¿De que están compostos os triglicéridos? ¿Cal é a súa función biolóxica? ¿Que relación química existe entre as graxas e as xabóns?.
  4. Relaciona mediante frechas os seguintes lípidos co grupo ao que pertence

    Fosfoglicérido

    Terpeno

    Esteroide

    Esfingolípido

    Triglicérido

    ácido graxo

    Colesterol

    Ácido oléico

    Cerebrosido

    Tripalmitina

    Lecitina

    Vitamina A

     

    5. Recordamos o conto de Blancanieves..."A bruxa regaloulle unha bonita mazá vermella que antes fregara para sacarlle un brillo espectacular".
  •  ¿Que tipo de lípido teñen na súa pel a mazá e outros froitos?.
  • ¿Que función teñen?.

6. Principais estruturas que forman os lípidos anfipáticos no medio acuoso.

7. ¿Que son as lipoproteinas e qué función teñen?.

8. ¿A que se chama colesterol «bo» e colesterol «malo»?.

 

GLÍCIDOS

1.       Analoxias e diferencias entre  amidón e celulosa, en canto a súa: composición, estructura e funcións.

 

2.       Explica a importancia biolóxica dos seguintes glícidos: glicosa, ribosa, celulosa e ribulosa.

 

3.       Agrupa de tres en tres mediante unha frase os seguintes térmos: glicosamina, celulosa, pentosa, sorbitol, anemia, celobiosa, aminoazúcar, polialcohol, glicosa,  Fe, arabinosa, hidrólisis, hemoglobina, estreptomicina, levógira.

 

4.       ¿Sinala a  diferencia entre un enlace monocarbonílico e un dicarbonílico?.

 

5.       Sinala as diferencias existentes entre homopolisacáridos y heteropolisacáridos. Clasifica os seguintes polisacáridos según a súa estructura e función.

6.       Pregunta de frase de verdadeiro/falso

  • O glicóxeno é un polisacárido de reserva animal.
  • A auga ten un calor específico moi elevado.
  • As moléculas de auga  únense mediante pontes de hidróxeno.
  • Os sistemas tampón sirven para manteñer o pH constante.
  • A amilopectina é unha forma estructural do amidón.
  • Os polisacáridos son polímeros de sacarosa.
  • Os oligoelementos son as unidades dos aligómeros.
  • Os homopolisacáridos son polisacáridos propios da especie humana.
  •  A ósmose é o paso de ions a través dunha membrana semipermeable.
  • A celulosa é unha glucoproteína.
  • A rotura dun enlace químico por medio da auga chámase hidrólise
  • A celulosa é un compoñente do esqueleto dos vertebrados.
  •  A lactosa é un polisacárido moi abundante no leite.
  • O enlace O-glicosídico fórmase ao se uniren dous monosacáridos.

 

BIOELEMENTOS E AUGA

1.       Observa a seguinte táboa do contido en auga nos diferentes órganos do ser humano, e trata de razoar o sentido biolóxico de dita distribución:

-          Cerebro         86%

-          Sangue           79%

-          Músculos      75%

-          Fígado          70%

-          Cartílagos     55%

-          Osos            22%

-          Dentes          10%   

2.       Relaciona mediante frechas os seguintes elementos minerais coa función que realizan:

-          Ferro           Deposítase nos osos

-          Flúor           Compoñente da molécula de hemoglobina  

-          Fósforo       Localízase  nos dentes e osos

-          Calcio          Necesario para el tiroides

-          Iodo            Compoñente do ADN

3.       Define os seguintes térmos: oligoelemento, biomolécula, plasmólisis, turxencia. 

4.       ¿Por que a auga é o disolvente universal?

5.       ¿Por que decimos que a auga é un dipolo? ¿Cales son as consecuencias da súa estructura dipolar?. 

6.       ¿Que é unha disolución amortiguadora o tampón?;  ¿cómo actúa?.

7.       Completa a seguinte taboa, na que se relacionan as propiedades físico-químicas da auga coas súas funcions biolóxicas.

 

PROPIEDADES FISICO- QUÍMICAS

FUNCIÓN BIOLÓXICA

 

Gran poder disolvente.

 

 

Alta reactividade química.

 

 

Alto calor específico.

 

 

Elevado calor de vaporización.

 

 

Maior densidade en estado líquido que en forma de xeo.

 

 

Tensión superficial elevada e gran cohesión interna.

 

 

BOLETIN DE QUÍMICA 2º BACH

Este boletin debereis entregalo na data :

 

 

O MUNDO DAS PLANTAS

O mundo das Plantas
View SlideShare presentation or Upload your own.