Blogia

A 21 ESCOLAR BIO-QUIM CHIVITE

CUESTIONARIO INMUNIDADE 2º BCH.

CUESTIONARIO INMUNIDADE 2º BCH.

Cuestionario con preguntas sobre a inmunidade para o terceiro trimestre.

MICROHISTORIAS

Na biblioteca do IES Xesús Taboada Chivite hai estes días unha exposición das microhistorias feitas por alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO e 1º de Bacharelato co gallo do día do libro. Cofres do tesouro, botellas de náufragos, labirintos, planetas, formigueiros, balóns de fútbol...conteñen os relatos dos rapaces e rapazas. Tamén hai decenas de microlibriños. Os compañeiros e profesores outorgarán premios ás mellores historias e ás presentacións máis orixinais.

XXVI CONCURSO DE CONTOS DA CASA DA XUVENTUDE DE OURENSE

XXVI CONCURSO DE CONTOS  DA CASA DA XUVENTUDE DE OURENSE

A Casa da Xuventude de Ourense convoca o XXVI Concurso de Contos .(logo de facer clic no hipervínculo, elexir o idioma, premer en Actividades  e por último en Concurso de contos ) Animádevos a participar.  Para calquera dubida falar  cas profesoras do Clube de Lectura do IES Xesus Taboada Chivite.

Bases do concurso.

 

MATEMÁTICAS

MATEMÁTICAS

1º ESO

 Recursos:

1.- Xogos xeometría.   2.- Elementos xeométricos e polígonos.  3.- Áreas e lonxitudes.    4.- Libro interactivo áreas.

 

 

Xogos de Xeometría 1º ESO Matemáticas

Xogos de Xeometría 1º ESO Matemáticas

Aplicación con xogos divertidos para aprender xeometría

Está estructurada en catro leccións:

Lección 1 : Polígonos, concavidade-convexidade, clasificación.

Lección 2: Triángulos, características, clasificación. Triángulo Rectánfgulo. Teorema de Pitágoras.

Lección 3: Triángulos, elementos característicos.

Lección 4: Cadriláteros, clasificación. Perímetros e áreas. Teorema de pitágoras (demostración).


Este xogo pode usarse en calquera ordenador provisto dun navegador (Internet Explore, Netscape, Safari …) e o único requerimento é que teña instalado Flash Player 6.0.

Empeza o programa cunha presentación estilo “Guerra das Galaxias” e hai un xogo ao acabar cada lección. Un personaxe galáctico, Tobor, vainos guiando nas leccións e nos xogos. O xogo dispón dun contador de puntos, que, partindo de 100 suma ou resta segundo os acertos ou os fallos. Nalgún exercicio/xogo tamén hai contador de tempo.

ENGLISH, ENGLISH,ENGLISH!!!!

Would you like to visit Isabel Pérez's incredible page? What about the blog designed by to teachers at IES Sierra de Leyre? You can do it through my blog.

O SELO VIOLETA

O SELO VIOLETA

O Selo Violeta, é un agasallo que  representa, segundo os seus creadores, “as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico"

As regras son as seguintes:

  • Exhibir o Selo Violeta no seu blog coas regras:
    • Indicar cantos blogs consideras que merecen o selo
    • Avisar aos indicados, non te esquezas diso!
    • Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

Os blogs violetas elixidos son:

http: //isabelcota.blogia.com

http://doloresmcastro.blogia.com

http://charorope.blogia.com

 

En canto a escribir os meus poderes máxicos, vou saltarme esta última regra só por esta vez, posto que non sei cales son.  Esta carencia (a dos poderes máxicos)  vese compensada posto que o meu redor teño xente máxica que me coida, me quere e non deixa que me manque . A todos vos (Maite, Daniel, Serafín, Loli, Isabel, alumnos......etc ) os meus agradecementos.

PAISAXES. Por Miguel Serrulla 2º D

PAISAXES. Por Miguel Serrulla 2º D

Neste Power Point , mostro unha selección  das mellores  fotografías que fixen na miña vida ata agora , sobre varias imaxes da natureza : paisaxes, plantas , animais ...

PLANTACIÓN DE ÁRBORES

Saída ó Pozo do Demo 2º de Eso.

Saída ó Pozo do Demo 2º de Eso.

Os alumnos do IES Xesús Taboada Chivite, realizaron o día 31 de Marzo unha plantación de árbores e sementes  autóctonas nas ladeiras do Pozo do Demo. Esta actividade está englobada no Proxecto Ceres  que desenvolve o Seminario de Ciencias. O cal forma parte da Axenda 21 Escolar que está desenvolvendo  o noso Instituto.

Esta ladeira, fai uns anos, foi pasto das lapas e debido a súas características a recuperación das especies vexetais é moi lenta. Por iso coordinados pola Asociación de Amigos do Camiño Real e  en colaboración ca Asociación de Montes de Cabreiroa, os alumnos realizaron unha plantación selectiva con especies (bidueiros, pradairos, ameneiros, carballos e castiñeiros) donadas pola Consellería de Medio rural.

GALERÍA DE FOTOS.

 

CHEGOU A PRIMAVERA Ó BALNEARIO DE CABREIROA.

CHEGOU A PRIMAVERA Ó BALNEARIO DE CABREIROA.

Este sábado estiven no Balneario de Cabreiroa. Estaba tan espectacular que non poiden evitar inmortalizar algún deses momentos. Gustaríame  compartilos con todos vós, visitantes do blog,  e animarvos a acercaros a dar unha volta polo Balneario para observar en directo a natureza en estado puro.

PREMIOS LITERARIOS MINERVA

20090313150014-4d02b60wlibro-20minerva-20001.jpg

O colexio M. Peleteiro convoca a XXXVII edición dos seus premios literarios. Poderán participar alumnos de 3º e 4º de ESO e de Bacharelato que cursen estudos en Galicia, e non teñan cumpridos os 20 anos o 31 de Decembro de 2009. Animádevos a presentarvos.

NOVA NOMENCLATURA IUPAC

A CIUG recomenda o coñecemento da Nomenclatura de COMPOSICIÓN, para os alumnos de Bacherelato.

Si queredes mais información atoparédela nesta dirección.

 

EXAMEN 2ºBACH ÁCIDO BASE

 

Este é o examen da 2ª avaliación do tema de ácido-base. Revisadeo é si tedes algunha dúbida comentádemo.

PREMIO DO XOGO DA BOLSA

PREMIO DO XOGO DA BOLSA

O martes pasado Tania Diz, María Gonzalez, Carmen Patricia Martínez, Emma Prada y Jessica Prieto, xunto con Loli a súa Profesora de Economía  desplazáronse a Coruña para recoller os agasallos correspondentes ó   4 puesto de toda galicia no Xogo da Bolsa que todos os anos organiza Caixa Galicia. Estas son as nosas Chicas de ouro. Enhoraboa.

 

 

DÍA DA MULLER TRABALLADORA NO IES XESÚS TABOADA CHIVITE

DÍA DA MULLER TRABALLADORA NO IES XESÚS TABOADA CHIVITE

 

Con motivo da celebración do día da muller traballadora fixemos na biblioteca do noso instituto unha exposición na que colaboramos profesores e alumnos. Os profesores elaboramos dous paneis, un deles sobre mulleres na historia de Galicia, a meirande parte delas grandes descoñecidas para o gran público: Inés de Castro, Exeria, Ilduara Eriz ou Amparo Alvajar son algunhas das mulleres que os nosos alumnos tiveron a oportunidade de descubrir. O segundo panel leva por título "Vidas paralelas". Nel plasmamos as vidas de parellas ó longo da historia nas que o home foi a figura sobranceira e a muller quedou por completo na escuridade a pesares do seu talento, ou non tivo oportunidade ningunha . Mencionamos o feito de que hoxe en día, nalgúns países, xa é posible que as mulleres ocupen unha posición destacada, mais non é o máis habitual e aínda queda moito camiño por percorrer.

O panel que elaboraron os nosos alumnos leva por título "Mulleres con mérito e sen fama" e contén escritos feitos por eles mesmos sobre as súas nais, avoas, bisavoas e tataravoas. Nestes relatos os fillos, netos, bisnetos, tataranetos...fan unha agarimosa homenaxe a estas mulleres traballadoras, loitadoras.

Tamén nesta semana se proxectou a película Orgullo e Prexuízo, baseada na novela de Jane Austen. Os alumnos e profesores que asistiron á proxección leron un texto sobre a vida e a obra da autora inglesa e tamén sobre a situación da muller no seu tempo.

 

 

 

 

VISITA Á ESCOLA DE VILAZA

VISITA Á ESCOLA DE VILAZA

Recentemente chegou ás nosas mans o libro A bolboreta Doreta, que se fixo a partir dunha experiencia realizada cos alumnos de infantil do colexio de Vilaza. Os nenos atoparon uns ovos de bolboreta na horta da súa escola e, coa axuda da súa profesora, Mª Teresa Santamaría, seguiron e axudaron no proceso no que os ovos se convertiron en eirugas, logo en crisálidas e finalmente en bolboretas. Pensamos que ós rapaces que veñen ó club de lectura podíalles resultar interesante descubrir este libriño e como se chegou ata el. Puxémonos en contacto coa profesora Teresa Santamarìa e visitamos a súa escola, un lugar máxico, no que hai cores formas, disfraces, animaliños, debuxos, unha casiña, libros a esgalla, incluso feitos polos propios nenos,,,,unha atmosfera para desenrolar a creatividade, a independencia e a liberdade dos nenos.

O día 16 de Abril Teresa Santamaría virá ó club lector con algún dos rapaces que viviron esta experiencia educativa e falaranos dela e da súa escola. Previamente, coas fotos que sacamos durante a nosa visita, faremos unha exposición na nosa biblioteca

ANIMACIÓNES SOBRE EL CUERPO HUMANO

ANIMACIÓNES SOBRE EL CUERPO HUMANO

Sistemas del cuerpo humano, con animaciones, láminas interactivas, actividades. Incluye también enfermedades relacionadas con los sistemas.Para 3º ESO y 1º bach de Ciencias

También un especial de salud del corazón del periódico el mundo para 1º de Bach. Esperamos que sean de utilidad.

A21 ESCOLAR. PROXECTO CERES

A21 ESCOLAR. PROXECTO CERES

 (PROXECTO DE RECUPERACIÓN DUN ECOSISTEMA VEXETAL).

Coordinados pola Asociación Amigos do Camiño Real , os alumnos de   e 2º ESO do IES Xesús Taboada Chivite de Verín están a desenvolver un proxecto de recuperación dun ecosistema vexetal nuns terreos da Comunidade de Montes dos Veciños de Cabreiroa.

Este proxecto, englobado dentro do marco da A21 escolar que se desenvolve no Centro Educativo, pretende ir restaurando a vexetación autoctona que no seu día foi degradada polos incendios nas ladeiras  do Pozo do Demo. Ubicado nas cercanias dunha zona protexida pola Rede Natura 2000. Prantàronse  especies forestais propias da paisaxe do lugar, intentando colaborar na restauración da biodiversidade.

Neste proxecto tambien colaboran  a Consellería de Medio Ambiente que facilita as plantas e sementes, e o  Concello de Verín .

No més de Febreiro tivo lugar a 1º saída ó Pozo do Demo. Estas son algunhas das fotos máis destacadas.  Camiño; Plantación; Grupos; Biodiversidade, varias.

ACCIONISTAS NO CHIVITE

ACCIONISTAS NO CHIVITE

Tras unha longa loita durante os meses de novembro e decembro, cinco alumnas do noso Instituto ( Tania Diz, María González, Patricia Martínez, Emma Prada e Jessica Prieto) lograron acadar o cuarto posto na clasificación galega do  "Xogo da Bolsa",  a primeira vez que uns alumnos do centro acadan un posto tan alto.

Esta participación non foi fortuita, senon que Loli, profesora de Economía deste Centro, leva moitos anos promovendoio.

Dito xogo ten como finalidade conquerir o máximo diñeiro posible, partindo de 50.000 euros iniciais, nun período de dous meses. Para que este diñeiro aumente deberase invertir na bolsa, comprando e vendendo accións con astucia. Estas compañeiras remataron o xogo tendo na súa carteira a cantidade de 74.000 euros (aprox.) a tan só 6.000 euros do primeiro posto.

Como recompensa, hoxe, día 10 de marzo do 2009, elas diríxense A Coruña  acompañadas da profesora , para recibir os diferentes premios que alí lle van a ser outorgados. Cabe destacar que non só se lle vai dar o premio a elas, senon que tanto a profesora como o Centro recibirán tamén algún agasallo.

Dende a nosa clase en particular e o Centro en xeral, queremos darlle os nosos máis sinceros parabéns e incentivar ós alumnos a participar con entusiasmo neste xogo.

 

ESTHER VEGA & NEREA LIMIA